Espazo

10 Xaneiro 2006

Cando me falaron dos da Rúa das Orfas era tarde, xa escollera o meu novo aloxamento un par de días antes. E porqué escollín Dreamhost, na outra beira do Atlántico? Despois de moito procurar, con todo o que ofrecía, era a máis barata e se atopaban moi boas referencias na rede, aínda que con algún que outro problema se tiveres moitas visitas.

E se a semana pasada, cando me din de alta, ofrecían 4800MB de espazo cun límite de transferencia mensual de 120GB, cousa que me parecía sobrada de máis para as miñas aspiracións, xusto cando se activou a miña conta, pasaron a multiplicar por catro o seu espazo dispoñible e por oito a súa tasa de transferencia para quedar así,

Oferta dreamhost

e aínda que esta capacidade se vai incrementado todas as semanas (nunha semana xa teño 20160MB de espazo e 1008GB de transferencia) o que máis me inclinou a decidirme por eles é a manchea de prestacións que ofrece.

Para os que coñecen este barallete, dicir que ofrecen bases de datos ilimitadas, aloxar todos cantos dominios e subdominios precises (até pensei en mandar isto a blo.opaco.org), instalacións cun só click de aplicacións como wordpress, phpBB, mediawiki, mambo, soporta php 4 ou 5, RubyOnRails,… e máis que se pode ver aquí canda os seus diferentes plans de prezos.

E todo isto a un prezo, que ao principio asusta un chisco, de case 99€ ao cambio, que inclúe o rexistro dun dominio e que pode minguar procurando na rede por códigos promocionais que podemos crear os usuarios do servizo. Ofrécenme un desconto de até 97$ que podo repartir como me apeteza, así que se hai alguén interesado en probar o servizo, se introducir o meu código promocional, terá un desconto de 95$ en calquera plan contratado a un ou dous anos (eu levo 2$, así que non digades que é por cartos, senón por ver se funciona) para sair o total a pagar en 20€. Non está mal, as comparacións son odiosas. E se houber algún problema no serfvizo, xa o irei contando. Polo de agora, o que conseguiron facer é unha gran campaña de publicidade á que aporto o meu gran de area.

Ah, o código para o desconto parece o de unha inmobiliaria, promopaco95.

Foron 12 que dixeron... to “Espazo”

  1. el niño de la guía Says:

    Nom há hosting barato ou ineficiente. Há maus scripts de backup.

  2. opaco Says:

    ten toda a razón, e como sei que sabe disto un pouco, quizais aceptaría responder algunha pregunta sobre AWStats… ;-)

  3. el niño de la guía Says:

    pouco sei pero adiante

  4. el niño de la guía Says:

    Por falar, host down e nom tem traças de levantar. Murphy is evil.

  5. Cesare Says:

    :)
    un dia destes actualizarei as miñas ligazóns, non crea…

  6. Modesto Says:

    Pois eu metinme en mher.org. Non é a décima marabilla (porque a novena é Ribeira e a oitava, Patsy Kensit), pero de momento está ben e non me supón moito gasto.

  7. el niño de la guía Says:

    Modesto, eu estou em Mher também com a aranheira, no plam “Personal Hosting”, hoje sete horas down. Nom é normal que passe mas caralho 7 horas.

  8. opaco Says:

    xa tiña visto o de mher.org e o certo é que non está nada mal, pero…
    sr. de la guía, é que cando me falan de crontab, relaciónoo cunha enfermidade ;-) xa lle contarei como me vai, non sei se desfarei algo…

  9. Xosé Antón Says:

    Agardo que lle vaia ben nesta nova casa, os demáis estaremos atentos a ver se algún día nos animamos a independizarnos

  10. dorfun Says:

    …e servidor de jabber!… mmm… vaia, a ver se imos montar unha confederación de mensaxería pangalaica…

    …eu é que xa fichei por bitácoras.com, que senon…

Trackbacks/Pingbacks

  1. Opaco » Blog Archive » /names #blogmillo
  2. Opaco » Blog Archive » Disco remoto co Mac en Dreamhost

Fala sen medo