GPS en galego

13 Febreiro 2006

De sempre me gustaron os mapas de estradas, cando ía sentado cos meus irmáns no asento de atrás e iamos por un lugar descoñecido eu era o que ía co mapa, pero iso foi hai bastantes anos e agora non é tempo de negar a utilidade dos sistemas de navegación nos coches.

E aínda que hai xente que, a cotío, o leva aceso para ir traballar, ou para entrar no garaxe como aparentando ser máis por teren un GPS, o certo é que para a circulación por estradas polas que non o facemos habitualmente, convértese nun sistema moi útil para chegar ao noso destino.

tomtom no treo

O meu copiloto na estrada é o navigator de tomtom montado no Treo, e á vista da súa facilidade de utilización e a súa cartografía, aínda que un pouco cativa en moitas zonas da noso recuncho, presenta un avance moi grande respecto ao que había hai uns anos. Así, só hai que fixarse un pouco máis nos compañeiros de ruta para ver o seu éxito, e tanto polos seus dispositivos autónomos, coma o software para PDAs, ou ben para teléfonos móviles (só para Symbian e Windows), os de tomtom teñen algunha solución de navegación GPS que se adapte ás necesidades do conductor.

A pesares da súa utilidade, estes aparellos tamén poden ser perigosos se o conductor desvía a atención da estrada para a pantalla. O ideal é configurar o destino antes de comezar a ruta para só seguir a instruccións de pantalla apenas cun chiscar de ollos e escoitando as instruccións faladas, e eis aí onde é que están as novidades.

Despois de todo este tempo cambiando as preferencias de voz para ir escoitando as ordes (en 200 metros xire á dereita, colla a segunda saída da rotonda,…) en todos as línguas tanto coñecidas coma descoñecidas , foi que, hai algo máis de dúas semanas, ferscrich publicou en La Radio BBS as voces guías para o tomtom navigator en galego, e de xeito que cada unha das que trae por defecto ten un nome, preséntovos ao Antón , que é a voz masculina,

  • Antón para tomtom navigator, tanto para palm coma pocket pc.
  • Antón para tomtom mobile, para os dispositivos tomtom go e one e mais os teléfonos con windows.
  • Antón para tomtom mobile, para os teléfonos con symbian.

e mais á Malena, que é a voz feminina,

  • Malena para tomtom navigator.
  • Malena para tomtom mobile, windows
  • Malena para tomtom mobile, symbian

As voces veñen nun executable que, ao executalo, se descomprimirán onde llo indiques. Só terás que copialas no directorio voices da túa tarxeta. Na súa páxina tamén poderedes ver instruccións máis detalladas e as voces de guía en catalán, castelán e basco.

Boa viaxe.

Foron 7 que dixeron... to “GPS en galego”

  1. dorfun Says:

    …vaia!!! …fantástico!!! …e terá a sorna propia? (…pero vostede… ónde que ir?) XD

  2. luis Says:

    Pódesme decir,como podo poñer as voces no aviso dos radares.Una perta.Lois

  3. opaco Says:

    Neste pacote só van incluidas as voces de navegación. Os POIs (p.ex. radares, estacións de servizo, hoteis,…) teñen voces diferenciadas, ou, en caso de non ter asociada ningunha, pódese seleccionar un son do sistema.

  4. Miguel de Magán Says:

    noraboa¡¡, un galego que felicita polas voces para o meu hp6515 o o meu tomtom6, ainda que non teño moi claro como debo instalalas, voy intentalo hoxe.
    saudos dun galego exiliado no madrid

  5. manu Says:

    buaa meu, vai caralludo, ademáis podes modificar as fotos dos jichos que falan jaja elixe españa ou galiza

    que caña

  6. Ferruncho Says:

    Boas!
    Voume atrever a as instalar no meu nokia e65 co módulo gps. Graciñas pola información!! Saúde/os!

Trackbacks/Pingbacks

  1. Opaco » Blog Archive » Agardando máis do mesmo

Fala sen medo