Organización

20 Abril 2006

A pesares do temor de algunha, non fixo falta moderar á moderadora e, no que puiden ver antes de marchar ás presas, deron un par de mesas redondas das que o mellor que puiden tirar foi o de escoitar coas súas propias voces a recoñecidos blogueiros falar da súa experiencia na arañeira.

O que máis me chocou foi o feito de que antes de que comezase ninguén a falar podíase ver no proxector un windows enorme en castelán (debesen saber que tamén o hai en galego) cun Explorer tamén da Mocosoft (que deu os seus problemas cuns pop-ups que había tempo que non os vía diante)

Do que falaron pódese ver case todo na páxina do Enblogs incluindo as presentacións que fixeron os participantes, e algo máis conforme pasen os días poderase tirar do Technorati, anque como neste momento non vai, será mellor consultarlle ao Icerocket para ver do que se falou. E as fotos, por suposto, no Flickr, incluindo ao Martin Pawley co seu premio, que viña de recoller.

Mentres alí estiven, pareceu que chamaron a atención os mapas que incluiron nas súas presentacións Catuxa e mais o Isaac, así que antes de marchar a correr para o norte pola autoestrada deixo aquí o mapa das miñas conversas na rede.

Mapa da minha aranheira
O orixinal, aquí. É totalmente interactivo, probade coa dirección da páxina da que queirades saber algo máis, dádelle co rato en todo o que se amose e arrastade todo o que se mova…

A mellorar para a próxima, a miña organización.

Foron 3 que dixeron... to “Organización”

  1. siloam Says:

    jejeje, vaya mareo con el el mapa y el ratón…tú debias estar trazando las carreteras galegas :P
    Me alegro de la reunión.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Endurance » EnBlogs nas webs
  2. Deakialli DocuMental » Blog Archive Mis comentarios sobre Enblogs » Deakialli DocuMental

Fala sen medo