Libros

23 Abril 2006

Lindo día o do libro na cidade na que, cando vai vento do sur, cheira a repolo cocido. Na praza da Ferrería, mentres opedro miraba as ilustracións dos Bolechas feitas polo Pepe, a Teresa adicáballe a súa última creación.

Herba Moura e mais os Bolechas
E fíxoo na nosa e mais a súa língua, na que temos palabras tan lindas como vagalume, que como di o Francisco Castro, para darnos luz, libros e futuro. Lémbrao, pequechiño.

Foron 3 que dixeron... to “Libros”

  1. Plattdorf Says:

    Snif, que post bonito.

    Tou sensíbel con estas cousas porque onte pedíronme que fose padriño doutro neno (xa son padriño laico dun mozote de nove anos) e sinto unha responsabilidade para-paternal…

  2. siloam Says:

    snif, tamen, q ternura.

  3. opaco Says:

    Non se preocupe herr plattdorf, que ten todas as trazas de dar un bo padriño, laico pero padriño :-)

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo