Mapas pagos

17 Febreiro 2007

De cando en vez a miña nai ameaza con botar ao lixo, como ela di, toda a trapallada que deixei na súa casa. Entre esa trapallada hai moito mapa e entre eles unhas cantas cartas do Ejército español a escala 1:50000 e bastantes máis, tamén topográficas, do Instituto Geográfico Nacional a escalas 1:50000 e 1:25000.

Polos da Cartoteca sei que os que custaban centos de pesetas poden baixarse de balde da cartoteca do IGN seleccionando mapas MTN50-MTN25 e buscando o mapa do lugar desexado. Como resultado, arquivos pdf cunha imaxe JPEG encapsulada que dan unha calidade bastante boa e veñen pesando algo máis de 3MB.

O máis destacable é que tamén se poden baixar follas de mapas editados hai décadas e compararmos a evolución dun mesmo espazo no tempo,

A Coruña no IGN 1933

e como o ladrillo foi medrando e como apareceron novas infraestructuras, anque para rechamante podemos ver como era a toponimia utilizada naqueles tempos e non tan aló. Sen máis, uns exemplos,

e os que quedan por ver.

Foron 9 que dixeron... to “Mapas pagos”

  1. Calidonia Says:

    Grande achádego!!!

  2. a pirámide Says:

    Malos tempos para a cartografía clásica cando hoxe manda o GPS. Onde van aqueles tempos onde se facían plans enriba dun mapa. Que sorte tiveches. A miña nai, guindoumos todos. Ás nais hai que facerlles caso cando falan.

  3. bouzafria Says:

    Magnífico. No mapa de Vigo hai cousas excelentes e non só de nomenclatura. A Avenida de Madrid non existía, e chegábase á cidade por Lavadores. Meu pai foi a Vigo por vez primeira nese ano, creo, e confírmase o que dixo.

  4. berto Says:

    grande obra, grande sucesso, xa teño os meus de celeiro e riobarba!! :D

    parabéns mil e obrigado

  5. Xavier Says:

    Noraboa pola inciativa de por a nosa disposición ise bo feixe de mapas. No meu caso interesanme os mapas da antiga lagoa de Antela. Podería porlle un ligazón as duas fotos que tes da Limia (1936 e 1943)?
    Un saúdo.
    Xavier

  6. opaco Says:

    Xavier, por aí si que che cambiou o mapa. As imaxes, todas para ti, e esta tamén.

  7. Xavier Says:

    Pois si , cambiouche bastante. Graciñas pola última imaxe na que se ve todo de marabilla. Xa puxen os ligazóns ós mapas nun novo apartado adicado ós mapas da Limia e da lagoa de Antela (podes velo na sección: ligazóns).

  8. Xavier Says:

    Dichesme unha idea, vou colgar eu os mapas e outras cousiñas (libros, etc) que teño sobre a antiga lagoa de Antela. Ti que me recomendas pra elo, o Flickr ou no que tes ti os mapas?

Trackbacks/Pingbacks

  1. Opaco » Blog Archive » Just for mappers

Fala sen medo