Just for mappers

27 Febreiro 2007

Continuando coa lideira dos mapas dos que falaba aí atrás e seguindo a guía do mapa de abaixo que sinala a numeración dos cadrantes onde se ubican as follas das cartas topográficas do IGN correspondentes a Galiza, baixei 421MB de arquivos pdf.

cuadrantes galegos do instituto geográfico nacional

Deses arquivos gardei as imaxes encapsuladas correspondestes aos mapas, que deron un total de 159 arquivos jpg que subín ao 23hq para crear un album de mapas etiquetando cada unha das imaxes co nome da poboación que designa a folla e mais o seu ano de edición.

set de mapas de Galiza do IGN

Con todo, é unha mágoa que non se poidan baixar as cartas a escala 1:25000, aínda que a pesares de só podérense baixar a escala 1:50000, dan unha resolución xeitosa, de 4000×6000 pixeles aproximadamente, que xa da para xogar co OziExplorer ou co PathAway e tirarse ao monte.

Iso si, para baixar as imaxes no tamaño orixinal hai que rexistrarse no 23hq, con rexistro de balde no seu sitio web, sitio que cada vez ten menos que envexarlle ao flickr.

Actualización: Todas as follas en formato pdf nun só arquivo comprimido, acó; e todas as follas en formato jpg nun só arquivo comprimido, acolá. Aviso, son arquivos de algo máis de 400MB.

Foron 12 que dixeron... to “Just for mappers”

  1. mourullo Says:

    Chuzada! ;-) http://chuza.org/historia/galiza-en-mapas-by-opaco/

  2. Calidonia Says:

    Pois a min sáenme 164… bufff… a ver se podo repasar e te aviso.

  3. almir Says:

    Me he registrado en 23hq, entro a la pagina http://www.23hq.com/opaco/album/1702343 pero no entiendo como me bajo las imagenes en ALTA RESOLUCION;
    - ¿Se puede descargar el album completo?

    Un saludo y gracias por la información,
    PD: tengo idea de que tb están en la red emule

  4. opaco Says:

    Calidonia, a min séguenme a dar 159 despois de eliminar un par de duplicadas. Xa contará ;-)

    almir, unha vez rexistrado, ao entrar no album; abaixo de todo e á dereita hai unha ligazón para descargar o album completo como arquivo comprimido, unha vez que fas click che pregunta en que tamaño os queres, medio-grande-orixinal.

    E si, lera nalgures dun proxecto para compartir na rede emule os arquivos pdf dos mapas de España, pero non sei en que quedou o conto.

  5. un Says:

    pois a min paréceme que as fotos non teñen moita resolución, ou iso ou é que non fun quen de velas correctamente. non son quen de ler ningún nome. deixáronme fai pouco unha pda e tiña interese en probar algún destos programas para marcar roteiros e uns mapas da galiza víñanme moi ben, pero estos paréceme que non valen para isto.

  6. almir Says:

    Non sei que carallo farei mal pero os 160 ocupan tan so 9MB e pulsei en Large, e o fixen varias veces.
    Failo ti e nos contas cal e o problema.
    A verdade e que estoy moi interesado nos mapas e gustariame aprender a manexarme cun Gps.

  7. un Says:

    é o mesmo que me pasou a min, 9MB para todas, acaso pódense baixar con mais calidade?

  8. one2 Says:

    a mim passa-me o mesmo, se mirardes ve-se que as images só se podem baixar cumha resoluçom de 756×517 (ou por aí)… estaria bem que se subirem as fotos a megaupload ou a um sitio destes

  9. Jose Says:

    En eMule tienes Galicia a 1:25000 en un solo archivo ecw importable en oziexplorer. Haz la búsqueda por MTN25. El archivo ocupa 2GB y es de una calidad fabulosa además de muy actualizado..

  10. opaco Says:

    Atopado no aMule procurando por galicia ecw… con poucas fontes. Grazas Jose :)

  11. Jose Says:

    De nada. Lo de las pocas fuentes supongo que es porque no mucha gente está enterada de que andan por ahí.
    Yo lo encontré a través del foro de mendiak.net. Están disponibles también asturias, cantabria, euskadi, leon palencia y burgos, me parece.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Mapas antigos de Galiza no flickr at Calidonia

Fala sen medo