Tinta electrónica

15 Maio 2007

Pois tamén fomos aló, ao Cultur.gal, onde ademais dunha morea de libros de papel atopei ao folerpa, ao pawley e mais á mamá e ao papapelacho, que xa falaron dabondo do que alí había e mais do que non había. A impresión que me quedou foi a de que había moito papel para ser unha feira do libro e mais das industrias culturais.

Á vista de tanto papel e coincidindo co gallo da presentación do libro de folerpa, houbo dous detalles da charla cos que me quedei. Un foi o comentario de pawley no que dicía que el mesmo lera a obra antes de que se publicara, en formato pdf e o outro foi do propio folerpa, ao dicir que lle gustaría ter engadido á bibliografía todas aquelas obras que dun xeito ou outro tiñan algunha ligazón coa súa.

E é que no tempo en que vivimos imaxino que unha grande parte da literatura nace de xeito dixital para logo dar o salto analóxico e converterse nun libro, unha tecnoloxía que en tempos binarios e aínda sendo analóxica é tamén punteira nestes mesmos días desde o momento en que é manexable e fai da lectura algo moi cómodo e accesible en calquera lugar.

o sony reader e o irex iliad

Ante isto, teño claro que ha de tardar en desaparecer o libro de papel, quizais nunca o faga, pero a dixitalización de contidos lévanos por ese camiño. O ipod dos libros aínda non apareceu pero ha chegar. O que hai hoxe no mercado, o Sony Reader e o iLiad son só o primeiro paso cara algo que evolucionará ata chegar o día en que nos estrañe que alguén teña preferencia polas copias de papel con todo o encanto da súa lectura conforme pasamos as follas, e entón, cando teñamos papel electrónico a cores, onde podamos facer anotacións, suliñar, engadir etiquetas, facer búsquedas, saltar entre libros a través das ligazóns das súas bibliografías e mais as notas ao pé, acceder a milleiros de diccionarios ao tocar unha palabra,… entón os libros deixarán de ser illas nunha estantería para ir saltando de libro en libro ata o infinito do mesmo xeito que o facemos a través das páxinas na arañeira.

Así, para quen teña interese en saber algo máis dos soportes, recomendarlle a lectura da experiencia no uso do iLiad, o máis completo dispositivo de tinta electrónica que existe no mercado, contado de primeira man por poliorcetes no seu blog Tinta-E, así como un video antiguo deste aparello, xa que mellorou bastante a súa velocidade e funcionalidade coas súas actualizacións de software pero que vale para facérmonos idea de como é a súa utilización.

P.S. dúas convocatorias desde casapelacha, o concurso de microrrelatos de lemosgalego e unha proposta para unha nova xantanza á que sexa posible que vaian nenos coas súas fantas e mirindas acompañados de adultos cos seus caciquecolas e… ganas de festa.

Foron 4 que dixeron... to “Tinta electrónica”

  1. ghanito Says:

    Xusto onte, meu amigo Turuto comentábame que está pensando mercar un iliad, pero ainda non sabe se facelo…

  2. opaco Says:

    e é que se non fosen tan caros. como turuto vai rematar comprándoo, agardamos crónica :D

  3. turuto Says:

    pues si que acertaste sin conocerme. Al final acabe comprándolo.
    otro día te mando la crónica

  4. opaco Says:

    semella unha boa compra… e é que se alguén cavila en comprar un aparello como o iliad só falta por saber data :D

Trackbacks/Pingbacks

Fala sen medo