E van tres…

Desde o primeiro momento que o vin souben que era o meu fillo, naqueles ollos estabamos a ver o agasallo más grande que nunca tiveramos.

Onte, tres anos máis tarde, opedriño tamén tivo algún agasallo e mais soprou tres velas postas nunha tarta que papou como se estivese a morrer de fame.

Ata chegar acó, en tres anos aprendeu a andar, a falar e a arrombar con todo o que ten ao alcance da man subíndose ao que faga falta. Os medos que sentía antes de que chegase ás nosas vidas seguen a estar aí, non son o mellor pai do mundo pero cando me miro por dentro só podo ver que o mellor do que teño é el, ben sexa cun sorriso no bico e eses ollos lindos, ben con bágoas nos ollos e poñendo caras feas.

...para apagar as velas

Tres anos que pasaron rápido, moi rápido, tres anos nos que gozamos de cada un dos segundos que compartimos a súa enerxía vendo a miragre da vida aprendendo de todo o que nos rodea, tres anos de bicos nos que non lembramos outra vida mais que esta.


13 Responses to “E van tres…”

Leave a Reply